A cestaría marca o inicio dos obradoiros de artesanía na Pobra

29 Abril 2024

Cestaría, macramé, cerámica, madeira e xabóns son os obradoiros de artesanía Feito coas túas mans que se imparten na Pobra do Caramiñal dende a Concellaría da Participación Veciñal na determinación de “seguir dinamizando o rural levando actividades aos centros socioculturais para convertelos en punto de encontro da veciñanza do lugar”.

O programa iniciouse no día 27 con cestaría no Campiño, da man de La Parabólica, cunha decena de asistentes. Continuará o sábado 4 de maio. Tamén esta disciplina chegará á Ribeiriña, a cargo de Capixuta, aos sábados 18 e 25 de maio. En ámbolos casos, o horario é das 16.00 ás 20.00 horas.

Aprenderase sobre macramé con Noites de Datura, no Camiño Ancho, aos mércores do mes de xuño, dende as 18.00 ata as 20.00 horas.

A cerámica estará impartida por Raposiñas, no muíño da Ponte Barbanza, durante os mércores do mes de setembro, das 18.00 ás 20.00 horas.

Traballarase a madeira con SonAgasallo, en Santo Isidro, aos mércores do mes de outubro, no horario das 18.00 ás 20.00 horas.

E Flow de Meiga ensinará a facer xabóns, na Angustia. Terá lugar aos mércores do mes de novembro, dende as 18.00 ata as 20.00 horas.

A totalidade das prazas están cubertas, se ben as persoas interesadas se poden seguir anotando para, de producirse baixas, botar man da listaxe de agarda. O trámite formalizarase a través do enderezo electrónico participacionvecinhal@gmail.com, proporcionando os seguintes datos: o nome, os apelidos, o DNI, o teléfono de contacto e o/s taller/es no/s cales lles gustaría participar.

Outros artigos

Martes seguen os chuvascos e as temperaturas sen cambios

O martes chega unha fronte pouco activa. Entrará pola costa ao longo da mañá con chuvascos febles, en xeral, algo máis activos pola tarde na fachada atlántica. As temperaturas non terán cambios significativos. O vento soprará do oeste-suroeste moderado durante a tarde...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Centro Empresarial da Construción” – José Manuel Pena

“Centro Empresarial da Construción” – José Manuel Pena

A construción, como o resto de actividades laborais, é fundamental para o crecemento económico e social de calquera sociedade. No ano 2003 naceu, na comarca do Barbanza, o Centro Empresarial da Construción, co obxectivo primordial de unir, defender e dignificar ao...

“Sociedades y relaciones liquidas”. José Antonio Constenla

“Sociedades y relaciones liquidas”. José Antonio Constenla

Nuestros abuelos se casaban y su matrimonio era de por vida. El tiempo deduración de las relaciones de nuestros padres superan con mucho lasnuestras. 7 de cada 10 matrimonios en España terminan en divorcio y duranpoco más de 16 años, Aun así, según el CIS nos encanta...