Detido un veciño de Ribeira por roubar un coche nun concesionario e poñerlle matrículas falsas

24 Novembro 2020


A Garda Civil detivo a un veciño de 41 anos natural de Ribeira, como presunto autor dos delitos de roubo, furto de uso de vehículo e falsidade documental, tras subtraer un coche dun concesionario e poñerlle placas de matrícula falsas.

O conductor foi interceptado nun control de verificación de drogas e alcol na PO-548, en Vilagarcía de Arousa. Os axentes pararon a este condutor e, ao solicitarlle a documentación do vehículo dixo carecer dela.

Ao comprobar o número de bastidor, os axentes constataron que o coche non estaba matriculado e figuraba como roubado nun concesionario de Vilagarcía. O vehículo levaba placas de matrícula que se correspondían con outro coche, da mesma marca e modelo, cuxo titular reside en Badalona. O condutor foi detido como presunto autor dos delitos de roubo, furto de uso de vehículo e falsidade documental. O detido e as dilixencias practicadas foron postos ao dispor do xulgado de garda de Vilagarcía.

remitida

Outros artigos

O BNG eleva ao Parlamento a falta de médicos en Ribeira

A deputada Rosana Pérez, rexistrou iniciativas no Parlamento galego co obxectivo de instar á Xunta de Galiza a dotar do número de profesionais sanitarios suficiente o centro de saúde de Ribeira. Dende o BNG denuncian que "malia os centos de anuncios e a propaganda do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

Despois de tantos anos de período democrático e de liberdades en España, queda de manifesto que o espírito da transición durou o xusto e necesario para que se producise unha amnistía xeral de todos os crimes cometidos durante as catro décadas da ditadura militar...