Augas de Galicia executa accións de conservación e limpeza nas contornas fluviais comprendidas entre A Pobra e Ribeira

27 Xaneiro 2024

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Esteirón e “nun río innominado ao seu paso polos concellos da Pobra do Caramiñal e de Ribeira”.

Segundo explicou a Consellería, “as actuacións que se están a desenvolver nestes ríos suman unha lonxitude total de 255 metros, nos seus percorridos por distintos lugares destes dous municipios”.

As tarefas céntranse na roza puntual e selectiva e na retirada de árbores e pólas caídas na canle para evitar atoamentos.

A Consellería engadiu que “unha vez finalizadas estas actuacións, os ríos quedarán despexados de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas”.

Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa no ámbito territorial da zona Galicia-centro e nas súas zonas de acceso e protección.

Estas intervencións contribúen á mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais dos ecosistemas que favorezan os aspectos medioambientais e o uso social na contorna dos ríos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Decidiremos nós”. Luís Celeiro

“Decidiremos nós”. Luís Celeiro

Fóra da casa tronaba e os tronos escoitábanse nos cuartos, na cociña e no escritorio. No curral e nascortes do gando, moito máis, metían medo. O son dos tronos entraba na casa polo teito e polasventás de madeira, polas regañas das portas, polos ouvidos da xente e polo...

“Ou gañamos ou isto acabouse” – Antón Luaces

“Ou gañamos ou isto acabouse” – Antón Luaces

No arranque oficial da campaña electoral deste ano, as dereitas, dereitas extremas e  variadas esquerdas e partidos nacionalistas da España de 2026 teñen chegado -por distintos vieiros- á mesma conclusión: "Ou gañamos ou acabouse".  Este "aviso" parte dos "populares"....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.