O Concello de Ribeira recibe aos subcampións de patinaxe Marta e Adrián Blanco

11 Xaneiro 2024

O alcalde de Ribeira, Luís Pérez, o concelleiro de Deportes Xabier Vidal e o tenente de alcalde Vicente Mariño recibiron este mércores aos deportistas locais Marta e Adrián Blanco, que acadaron recentemente medalla de prata na Copa de Europa de patinaxe, acompañados pola adestradora do Club de Patinaxe de Ribeira, Elena Rey.

Marta e Adrián Blanco foron subcampións nacionais no mes de maio e resultaron convocados para representar a España nesta competición internacional, na que tiveron ocasión de pendurarse a medalla de prata na final de parellas artístico na categoría cadete.

Os edís felicitaron aos deportistas e animaron a que sigan esforzándose para acadar novas medallas e títulos. “É un orgullo contar con deportistas de alto nivel no noso concello”, aseverou o alcalde Luís Pérez.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.