A rula de Ribeira a que mais polbo vendeu de Galicia

09 Xaneiro 2020

A rula galega que máis volume de negocio xerou pola poxa deste cefalópodo no que vai de campaña foi a de Ribeira. Entre xullo e decembro o centro de primeira venda ribeirense facturou dous millóns de euros, unha caída de apenas o 4% en comparación con 2018, cando ingresaran 2,13 millóns de euros. O porto da capital do Barbanza descargou nestes seis meses 268 toneladas da especie polas 223 toneladas do anterior exercicio, un aumento do 20% que rompe coa tendencia xeral en Galicia. Como consecuencia, o prezo medio do polbo caeu dous euros xa que en 2018 o quilo estaba a 9,6 euros e na actualidade rolda os 7,6.

A campaña do polbo deixa unha caída do 30% na facturación nas lonxas galegas A frota galega de artes menores captura polbo desde o pasado 1 de xullo. A peche do mes de decembro as lonxas de Galicia rexistran peores números que hai un ano. Caen tanto as descargas deste cefalópodo como a facturación xerada pola súa comercialización, aínda que este apartado é o máis afectado. Os centros de primeira venda da comunidade ingresaron entre xullo e decembro 8,8 millóns de euros, mentres que no mesmo período de 2018 a cifra superaba os 12 millóns de euros, unha caída do 28%, segundo os datos provisionais consultados na Plataforma Tecnolóxica da Pesca, dependente da Consellería do Mar.

Lonxa de Ribeira

Outros artigos

Santos Oujo dimite do Ateneo Valle-Inclán

Na tarde deste domingo o presidente do Ateneo de Riveira, Santos Oujo Bello, comunica a súa decisión de dimitir da Asociación. ORDEN DEL DÍA REUNIÓN EXTRAORDINARIA DEL ATENEO DE RIVEIRA. 28/04/24. 20:00 horas en 1ª convocatoria. 20:30 2ª.1.- Lectura y aprobación del...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“25 abril III. Santarém”. Manuel Dominguez

“25 abril III. Santarém”. Manuel Dominguez

Saímos de Lisboa e rumamos para o berço, a fonte, onde o destino fez chegar aqui onde a memória está presente. “Meus senhores, como todos sabemos, existem diferentes tipos de Estado. Os estados socialistas, os estados capitalistas e o estado a que nos referimos....