O Centro Cultural Lustres Rivas acolle unha escolma das obras presentadas ao XVII Premio Internacional Jesús Núñez de Arte Gráfica

19 Decembro 2023

Este 19 de decembro inaugurouse pola mañá, no Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira, a exposición do XVII Premio Internacional Jesús Núñez de Arte Gráfica. Trátase dunha mostra itinerante que recolle unha selección das obras presentadas ao certame da Deputación por autores de ata 20 países de todo o mundo, realizadas en moi diversas técnicas -gravado calcográfico, litografía, xilografía, serigrafía… 

A obra gañadora nesta edición foi Ikatz/Harri II, de Myriam Gesalaga Eizagirre. Pola súa banda, Fátima Conesa, con El mar recordó, e Claudia Regueiro con S.T. (open letter), foron premiadas cun accésit, e Mariana Pino, con Composizione Polifonica, e Joan Polo, con S.T., foron recoñecidos con sendas mencións de honra. 

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.