Mércores con chuvascos que irán diminuindo co día. Baixa da temperatura

12 Decembro 2023

O mércores teremos ceo parcialmente nubrado, con chuvascos de norte a sur e coa cota de neve comezando a xornada nos 1.000 metros, ascendendo progresivamente a partir do mediodía. As temperaturas sufrirán un moderado descenso. O vento soprará moderado do noroeste no litoral, con intervalos fortes no litoral norte, sendo máis frouxo no interior.

Empeza progresivamente unha situación de altas presións que traerá tempo seco e baixa das temperaturas polo mínimo ata pasado o nadal.

meteogalicia

O noso mar: Vento do noroeste á mañá e á tarde e do norte á noite, forza 4 a 5 á mañá e á tarde e 1 a 3 á noite. Forte marusía á mañá e á tarde e mar ovellado á noite. Visibilidade regular á mañá e boa á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 3 a 4 metros á mañá e á tarde e 2 a 3 metros á noite.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.