Alumnado do CPR Divino Maestro e do IES da Pobra asistiu a unha función teatral no Elma

15 Novembro 2023

A xeito de antesala do Día Internacional para a Tolerancia, alumnado dos ciclos de Coidados Auxiliares de Enfermaría e Dietética e de primeiro do bacharelato do IES da Pobra do Caramiñal, así como do ciclo da Xestión Administrativa do CPR Divino Maestro, asistiu no 15 de novembro ao Teatro Cine Elma como espectadores/as da función Brokeback Sabucedo, de Sal do Teatro. Esta peza aborda a diversidade sexual no ámbito rural galego, tomando a rapa das bestas de Sabucedo como o medio no cal se desenvolve a trama.

A dita actividade está organizada pola Concellaría da Cultura con sesións exclusivas para o público educativo, para, segundo manifesta a edil da Cultura, Patricia Lojo, “empregar as artes escénicas como vehículo transmisor de distintas realidades e implicar a comunidade educativa nas iniciativas da Administración local.”

A maiores, no día 20, o instituto regresará ao Elma pola función Soños, de Artefeito+Culturactiva+Igaxes, que se centra na situación da mocidade tutelada de xeito integral. A escrita provén do contacto directo do autor, Fernando Epelpe, e da directora, Tamara Canosa, con rapaces e rapazas de vivendas tuteladas, que levan as súas experiencias ao escenario cun contido realista e directo que reflicte algúns dos obstáculos que afrontan no seu día a día. Ademais, o respecto ás distintas culturas é outro dos temas que se vai tratar.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.