Xoves con chuvias intensas, aire frío e vento forte. A borrasca Ciarán xa deixa refachos de máis de 140Km/h en varias estacións

01 Novembro 2023

O xoves Galicia queda na influencia dunha profunda borrasca que se situará sobre as Illas Británicas e que deixará unha xornada de ventos e chuvias intensos, con entrada de aire frío. Así, os ceos estarán nubrados, con chuvias localmente treboentas e ocasionalmente acompañadas de sarabia. A cota de neve situarase entre os 1000 e os 1200 metros de altitude, puntualmente máis baixa nas horas centrais do día. As temperaturas sufrirán un moderado descenso. O vento soprará forte de compoñente oeste, con refachos moi fortes na franxa costeira e zonas altas.

Atención para xoves 02: Vento forte de compoñente oeste, con refachos moi fortes en toda a franxa costeira e zonas altas. Acumulacións de 5 cm de neve por riba dos 1.000 metros.

meteogalicia

O noso mar: ento do oeste á mañá, do oeste á tarde e do noroeste á noite, forza 6 a 8 á mañá e 7 a 8 á tarde e á noite. Media vaga á mañá e á tarde e vaga á noite. Visibilidade regular. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 7 a 8 metros á mañá e á noite e 7 a 9 metros á tarde.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...