O martes durante o día quedaremos transitoriamente nunha situación intermedia entre altas e baixas presións esperando a chegada pola noite dunha nova fronte activa. Así teremos unha mañá e unha tarde de ceos parcialmente nubrados con algún chuvasco, máis frecuentes na fachada atlántica. Pola noite, a fronte traerá choivas polo noroeste, localmente fortes, que se irán xeneralizando na madrugada. As temperaturas ascenderán lixeiramente. O vento soprará do suroeste moderado con intervalos fortes.
Atención para mércores 01: Temporal no mar na segunda metade do día, con ventos moi fortes e moito mar. En terra, refachos moi fortes cara á noite especialmente no terzo norte.

O noso mar: Vento do sudoeste á mañá e do sudoeste á tarde e á noite, forza 4 a 5 á mañá, 5 a 6 á tarde e 6 a 7 á noite. Forte marusía á mañá e á tarde e media vaga á noite. Visibilidade regular á mañá e á tarde e mala á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2.5 a 3 metros á mañá e 2 a 3 metros á tarde e á noite.
Activada alerta laranxa por temporal costeiro no litoral da Coruña

Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
Praia de Balieiros directo- Corrubedo
Praia da Ladeira directo- Corrubedo
Praia das Furnas directo. Porto do Son
Praia Aguieira directo.Porto do Son
Portosín. Porto do Son
Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
Centro Náutico do Freixo
Praia de Carnota



