
Este martes 31 de outubro celébrase no Centro Social de Boiro a cuarta sesión do obradoiro Saberes en común, abeirado ao ciclo Muller e saúde. Será este martes ás 16.30 horas.
O ciclo está dirixido a “rescatar saberes e experiencias dos traballos que tradicionalmente desempeñaron as mulleres no rural”.
As citas do obradoiro (catro) desenvólvense dende as 16.30 horas até as 18.30 horas e veñen con formato de actividades divulgativas e participativas sobre cultura tradicional feminina e feminista.
O ciclo vén da man de EspadEla, Escola de Apoderamento Feminista, en colaboración coa Deputación da Coruña, o Concello de Boiro e o Centro de Información á Muller local (o CIM).
Inclúe catro xornadas centradas en afondar, reivindicar e compartir os saberes, os coñecementos e as experiencias das mulleres que tradicionalmente desenvolveron o seu labor no noso rural.



