A xira dos Bolechas na galería de arte recala este sábado 28 en Rianxo (e o domingo en Porto do Son)

26 Outubro 2023

O programa cultural FalaRedes da Secretaría Xeral de Política Lingüística vai levar a varios concellos da nosa comarca, este outono, o espectáculo teatral para a rapazada Os Bolechas visitan en familia unha galería de arte, protagonizado polos personaxes creados polo debuxante Pepe Carreiro.

A primeira das citas no Barbanza será este sábado 28 de outubro, ás 12.30 horas no Auditorio Municipal de Rianxo (Sala Arcos Moldes). Ao día seguinte, 29, recalará en Porto do Son, na Casa da Cultura.

No caso de Rianxo, a entrada achegarase de balde até completar capacidade (poden retirarse os pases dende unha hora antes do comezo da función, máximo de catro, priorizándose só un convite adulto acompañando á crianza).

No caso de Porto do Son o espectáculo tamén será gratuíto e está previsto que comece ás 17.00 horas do domingo.

Nesta nova función atoparemos aos Bolechas nun museo de arte onde se poden contemplar cadros do tempo dos seus avós, e dos seus bisavós, e dos seus tátara-tátara-tataravós… cadros por exemplo as obras de Castelao, Lugrís ou Picasso.✨

A xira

A divertida familia Bolechas chegará este outono a 21 concellos da Rede de Dinamización Lingüística, incluídos Rianxo (este sábado 28, no Auditorio Municipal, ás 12.30h), Porto do Son (este domingo 29 ás 17.00 na Casa da Cultura) e A Pobra (o 4 de novembro no Teatro Cine Elma, ás 17.00 horas).

Incluímos a axenda:

7 de outubro, ás 18:00 h Casa da Cultura do Milladoiro Ames A Coruña

21 de outubro, ás 18:00 h Casa Habanera Guitiriz Lugo

22 de outubro, ás 17:00 h Auditorio Municipal Celanova Ourense

28 de outubro, ás 12:30 h Auditorio Municipal Rianxo A Coruña

28 de outubro, ás 18:00 h Casa da Cultura Pontedeume A Coruña

29 de outubro, ás 17:00 h Casa da Cultura Porto do Son A Coruña

31 de outubro, ás 17:30 h Auditorio Municipal Hernán Naval Ribadeo Lugo

4 de novembro, ás 17:00 h Teatro Cine Elma A Pobra do Caramiñal A Coruña

5 de novembro, ás 18:00 h Centro Cultural O Salón Abegondo A Coruña

11 de novembro, ás 12:00 h Auditorio Municipal Nigrán Pontevedra

11 de novembro, ás 17:00 h CEIP San Martiño Vilariño de Conso Ourense

12 de novembro, ás 12:30 h Auditorio da Casa da Cultura A Cañiza Pontevedra

12 de novembro, ás 18:00 h Salón de Actos do Concello Carballedo Lugo

18 de novembro, ás 17:30 h Centro Social do Mar Bueu Pontevedra

19 de novembro, ás 12:00 h Casa da Cultura de Albarellos Monterrei Ourense

25 de novembro, ás 12:30 h Casa da Cultura Cospeito Lugo

25 de novembro, ás 18:00 h Auditorio da Casa da Cultura Ribadavia Ourense

26 de novembro, ás 17:00 h Centro Cultural Avenida A Rúa Ourense

2 de decembro, ás 18:00 h Centro Manuela Pérez Sequeiros Narón A Coruña

3 de decembro, ás 17:30 h Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil Muros A Coruña

Outros artigos

CONGALSA súmase á familia de amigos da Fundación INADE

Foto de familia de representantes de CONGALSA e membros da Fundación INADE A Fundación INADE (Instituto Atlántico do Seguro) celebrou hoxe nas instalacións de CONGALSA, na Pobra do Caramiñal (no Polígono da Tomada), a XXV Reunión do seu Consello Asesor e Comité...

+

Ambar mobilízase na comarca do Barbanza polo 25N

No Concello de Boiro Con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, a asociación inclusiva da nosa comarca Ambar desenvolveu unha ampla axenda de actividades na comarca do Barbanza co obxectivo de sensibilizar á cidadanía, previr as...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión