Ribeira celebrará o Samaín con exposicións, obradoiros e música

26 Outubro 2023

O Concello de Ribeira vai celebrar o Samaín (este 1 de novembro e os días previos) con diversas actividades festivas en formatos diferentes. O programa comeza este domingo 29 de outubro coa inauguración do Samaín da Asociación Alfaia, ás 20.00 horas, na Carpa Municipal Multiusos da rúa de Galicia, e prosegue ao día seguinte, luns 30, cunha exposición de monstros no mesmo emprazamento, entre as 17.00 e as 20.00 horas, que tamén se poderá visitar ao día seguinte no mesmo horario.

O martes a partir das 19.00 horas celebrarase na carpa do porto (Malecón) unha sesión espantamedos, un obradoiro de maquillaxe de terror e festa flúor (ás 20.00 horas) e unha sesión de música con Gallaecia DJ, entre as 20.30 horas e a 1.00.

O mércores 1 de novembro haberá un obradoiro de maquillaxe na Carpa Municipal da rúa de Galicia, a partir das 16.00 horas (e até as 20.00 horas).

Organizan o Concello de Ribeira e a Asociación Alfaia.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.