“Nós sabemos onde imos estar: onde sempre estivemos” – Antón Luaces

02 Outubro 2023

Agora que nos partidos políticos falan máis de coser que de solucionar, o presidente en funcións do Goberno español, presunto candidato á reelección -se o Rei propón a súa investidura- Pedro Sánchez, disque dá un paso avante na designación de candidato a presidente da Xunta de Galicia, nas próximas eleccións autonómicas, polo PS de G. PSOE. 

De ser así, Xosé Ramón Gómez Besteiro, avogado, ex-delegado do Goberno en Galicia, ex-presidente da Deputación provincial de Lugo, ex-secretario xeral do PS de G-PSOE e actual deputado no Congreso pola provincia de Lugo, terá a oportunidade de representar ao seu partido nos vindeiros comicios autonómicos como candidato á presidencia da Xunta.

Non será, polo tanto, Gonzalo Caballero, nin o ministro de Sanidade en funcións, José Miñones, quen encabece a listaxe dos socialistas nesa nova andaina cara ao posto de máxima responsabilidade política na Comunidade Autónoma de Galicia.

De acadar tal responsabilidade, Gómez Besteiro sería o terceiro presidente socialista na historia deste territorio, após Fernando González Laxe  (1987-1990) e Emilio Pérez Touriño (2005-2009). En ambos os casos, coaligado o PS de G-PSOE. O primeiro, con CG, PNG-PG e PSG-EG, e o segundo, con BNG.

Curiosamente, só os gobernos con presidentes socialistas (xa citados) foron coaligados. Non así os de AP e PP, que gobernaron con maiorías. 

Na preautonomía galega presidiron a Xunta Antonio Rosón Pérez e José Quiroga Suárez. O primeiro presidente que tivo a Xunta de Galicia foi Gerardo Fernández Albor. O presidente con máis tempo no cargo foi Manuel Fraga Iribarne (1990-2005). 

Outros artigos

“500 noites” – Xulio Xiz

O dato das 500 noites lembroumo o pasado San Froilán o magnífico Carlos García-Boente Carro, á fronte de La penúltima sabinera, que foi debullando os éxitos de Joaquín Sabina diante do entusiasmo dos presentes, deixando para o remate os dous temas para min máis...

+

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

Cantó en la entrega del Princesa de Asturias un fragmento de Wing, a sus 79 años, desmelenada según costumbre, áspera y afinada melódicamente. Escuché por you tube algunas de sus canciones espectáculo en auditorios petados con megafonía alta ante público entregado,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.