
O venres pasado, membros da Banda dá Escola de Música de Rianxo descubrion ao chegar ao local de ensaio que a porta traseira estaba forzada e, unha vez no interior do recinto, botaron en falta varios instrumentos e equipos. Roubáranos.
Nese momento, contactaron coa policía, que levantou a acta correspondente para posteriormente interpoñer unha denuncia.
Ademais de elaborar unha lista detallada de todos os intrumentos roubados, valorados en 5.200 euros, tamén solicitan colaboración cidadá para obter calquera información relativa ao roubo e así tratar de recuperar os obxectos subtraídos.
Así mesmo, inciden na importancia de compartir con calquera membro da directiva información sobre tendas ou plataformas de segunda man nas que se poidan vender devanditos equipos.
Entre todo o material roubado atópanse os seguintes instrumentos: un set de catro toms (Gonalca) cos seus estoxos (Hardacase), un set de dúas congas, un amplificador Warwick BC 80, un altofalante HSD M-12P, unha Caixa Pearl Philarmonic PHP1450 Arce con estoxos (Hardacase), un tom base e aéreo (Yamaha), un equipo Yamaha StagePas 300 de altofalantes con mesa de mesturas desmontable, amplificador e caixas acústicas, un micrófono Shure SM58 e unha dunda para o equipo de altofalantes Yamaha Stage Pas 300 anteriormente mencionado.
Calquera tipo de información é benvida e pódese comunicar a través do número 671058555 ou no correo escolademusicaderianxo@gmail.com.



