Últimos días para inscribirnos nas Escolas Culturais Municipais de Porto do son

04 Outubro 2023

O Concello de Porto do Son está a presentar esta semana nas redes os detalles e as actividades do programa formativo das Escolas Culturais Municipais para o curso 2023-2024, cuxas clases, segundo recordan fontes do Consistorio, arrincan a vindeira semana (a segunda semana de outubro).

As inscricións realizaranse de xeito individual para cada unha das clases. As persoas que estean interesadas en participar nestas sesións deberán comunicalo canto antes, posto que as diferentes actividades teñen o número de prazas limitado.

Quen precise máis información deberá contactar coa Concellería de Cultura a través do teléfono 981 76 77 58.

Están programadas escolas de Piano, Linguaxe Musical e Coro (a cargo de Leticia Recamán, lrcmusicpiano@gmail.com), de Música Tradicional e Folclórica (gaita, percusión e frauta de pico), de Danza, de Pandeireta e Canto Folclórico e Tradicional, de Guitarra (Malé, 654 567 232), de Baile (Francisco Muñiz, 698 150 432), de Teatro & Teatro Musical (Tania Fuegho, 672 661 789) e de Baile Tradicional para Foliadas (Asociación Sonora, asociacionsonora@gmail.com).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.