A 2ª edición do Premio Internacional de Composición (Noia Harp Fest) ten o aberto até decembro o prazo de presentación de obras

06 Outubro 2023

Xa está aquí a segunda edición do Premio Internacional de Composición Portus Apostoli. Trátase da nova convocatoria dun novo certame que naceu hai un ano ao abeiro do festival Noia Harp Fest coa intención de “promover e ampliar o repertorio das obras para arpa e orquestra”.

A obra gañadora do recibirá un recoñecemento económico de 2.500 euros e estrearase nun dos concertos do NHF coa Banda Municipal de Santiago e a colaboración da Banda de Música de Noia.

O Noia Harp Fest (NHF) publicou este verán, na súa web oficial, as bases na da nova convocatoria do galardón, patrocinado polo Concello de Noia, e que nesta ocasión recoñecerá as creacións escritas para arpa e banda.

O galardón, cuxo recoñecemento económico aumenta até os 2.500 euros, implicará tamén a estrea absoluta da obra no marco dun concerto especial, vinculado ao NHF, a cargo da Banda Municipal de Santiago coa colaboración da Banda de Música de Noia, e coa interpretación de solistas do ámbito internacional. Ademais, como novidade, outorgarase unha Mención de Honra, sen achega económica, para a obra que quede en segunda posición no certame.

A convocatoria do Premio Portus Apostoli, que conta coa colaboración de Turismo de Noia, está aberta até o vindeiro 23 de decembro de 2023 a todas as compositoras e compositores de calquera nacionalidade e sen límite de idade. Segundo explican a organización, un xurado de recoñecido prestixio será o responsábel de valorar e premiar as creacións, nas que se terán en conta, entre outros aspectos, a proposta creativa; o tratamento da técnica e da escritura para arpa; a coherencia, a proporción e o equilibrio no traballo técnico; ou o equilibrio entre dificultade e resultado musical. Ademais, o tribunal valorará positivamente aquelas obras con referencias á música ou á cultura galegas.

Cada compositora ou compositor poderá presentar unha única obra, que deberá ser orixinal e inédita, de xeito que non poderán participar no certame pezas creadas froito dun encargo remunerado, premiadas noutro concurso ou que fosen interpretadas anteriormente en concertos ou actos públicos. A nova composición será de tema libre, deberá estar escrita para arpa e banda (sen medios electroacústicos) e deberá ter unha duración de entre 10 e 15 minutos.

Para máis información sobre as bases do II Premio Internacional de Composición Portus Apostoli e a documentación que se debe remitir para poder participar, o NHF recomenda visitar o espazo web www.noiaharpfest.gal, no que se atopará o formulario de solicitude pertinente. O gañador do xurado darase a coñecer antes do 15 de febreiro de 2024.

No marco da pasada edición (a décima) do festival Noia Harp Fest, que se celebrou do 3 ao 6 de agosto, representouse a estrea da peza gañadora da primeira edición do Portus Apostoli: Hibrys, do compositor hispano-arxentino Alejandro Civilotti. A interpretación da peza chegou da man da Real Filharmonía de Galicia, baixo a dirección do galego Maximino Zumalave (Santiago de Compostela, 1956), e contou coa arpista portuguesa Beatriz Cortesão (Coimbra, 1998), membro da European Union Youth Orchestra (EUYO), como solista.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.