O PSdeG-Psoe de Rianxo celebra a aprobación do proxecto de residencia e centro ocupacional da Deputación

06 Outubro 2023

O PSdeG-PSOE de Rianxo celebra a aprobación definitiva por parte da Deputación da Coruña do proxecto de residencia comarcal e centro ocupacional que se instalará no municipio.
A institución provincial e o Concello de Rianxo asinan agora o convenio que dará paso á redacción do proxecto técnico, logo de que no pasado mes de abril se anunciase o acordo. Este proxecto foi anunciado xunto a outros centros de características similares que a Deputación impulsa en Ordes e nas Pontes.

O voceiro socialista en Rianxo, Óscar Rial, sinala que o centro dará “un servizo moi reclamado e valorado pola veciñanza”. “Levamos facendo seguimento ao proceso dende o último ano, co obxectivo de que este culminase nun centro ocupacional, non só residencial”, explica.

“Sempre quixemos que fose máis que unha residencia, que tivese unha maior dispoñibilidade de servizos, e agradecemos que a Deputación escoitase e aceptase as nosas reivindicacións”, sinala Rial. “Alegrámonos de que por fin se poida asinar o convenio, que vai marcar un antes e un despois nos servizos sociais en Rianxo”, engade.

O voceiro socialista destaca que a sinatura do convenio é “un éxito para Rianxo”, e reafirma o compromiso do PSdeG co municipio “goberne quen goberne”. “Queremos destacar o noso agradecemento ao traballo da Deputación e do seu presidente Valentín Formoso, e seguiremos traballando para que o proxecto avance en todo o que poidamos”, concluíu Rial.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.