“Hipocrisía política e realidade social” – José Manuel Pena

06 Outubro 2023

Respira con dificultade, trata de articular unhas palabras pero ao pouco tempo humedécenselle os ollos e apenas pode falar. Imaxinándonos a súa situación, tratamos de tranquilizala, dándolle un abrazo e ao pouco tempo comézanos a relatar as súas angustiosas vivencias. Leva varios meses con temor a perder a súa vivenda habitual, xa non paga as cotas hipotecarias ao banco. Xa non ten para comprarse unha bombona de butano e mañá véncelle o recibo da luz. A calefacción, a pesar do frío, xa non a utilizan desde hai semanas, a pesar das baixas temperaturas.

É unha de tantas familias humildes de Galicia que teñen fillos menores e non poden nin chegar a mediados de mes e moito menos custearse os servizos básicos como poden ser a compra de alimentos, roupa, produtos de aseo, o pago da luz, o gas, etc. Logo escoitamos a moitos responsables políticos e ao noso gobernante falar de brotes verdes, do baixo déficit, da prima de risco, de que están a ver a luz do túnel da crise. O certo é que como estas son centenares de familias en Galicia e miles en España que viven estas e peores situacións. Esto é inxusto, inhumano, insolidario e contrario aos máis elementais Dereitos Humanos.

O noso gobernante teñen poder e medios suficientes para que estas familias poidan vivir cun mínimo de dignidade, só é cuestión de vontade política, honestidade e ganas de facer as cousas. A propia sociedade civil, cos seus diferentes movementos sociais, están a darlles un exemplo e isto mesmo é o que teñen que facer para que poidan cambiar as cousas, o demais é demagoxia e hipocrisía política.

Outros artigos

“500 noites” – Xulio Xiz

O dato das 500 noites lembroumo o pasado San Froilán o magnífico Carlos García-Boente Carro, á fronte de La penúltima sabinera, que foi debullando os éxitos de Joaquín Sabina diante do entusiasmo dos presentes, deixando para o remate os dous temas para min máis...

+

“¿Me gusta Patti Smith?”. Mario Clavell

Cantó en la entrega del Princesa de Asturias un fragmento de Wing, a sus 79 años, desmelenada según costumbre, áspera y afinada melódicamente. Escuché por you tube algunas de sus canciones espectáculo en auditorios petados con megafonía alta ante público entregado,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.