Presentan un mapeo de 100 casos de minas consideradas ilegais (incluídas as de Touro e San Finx)

10 Outubro 2023

O Observatorio Ibérico da Minería e Ecoloxistas en Acción organizan o primeiro encontro ibérico sobre os impactos sociais e ambientais da minería. Trátase da primeira edición deste espazo de reflexión, aprendizaxe e convivencia no participarán medio centenar de representantes de distintos movementos, plataformas e colectivos implicados na resistencia a proxectos mineiros de España e Portugal. Extremadura foi a comunidade escollida para celebrar este primeiro encontro pola avalancha de novos proxectos mineiros que afectan a este territorio, que inclúen as minas de litio de Cáceres e Cañaveral, a mina de níquel de Aguablanca ou a mina de cobre e ouro de Alconchel.

O río das minas de San Finx

No caso da nosa comarca atópanse explotacións que afecta directamente á ría de Arousa como a mina de Touro (polas achegas de materiais procedentes do Ulla) ou as minas de San Finx, en Lousame.

O Observatorio Ibérico da Minería (MINOB) lanzouse hai un ano para documentar as vulneracións de dereitos sociais e ambientais causados pola industria extractiva en toda a xeografía peninsular, facendo públicas as evidencias existentes sobre cada caso. Froito do traballo de investigación colaborativo de decenas de colectivos, entre os que se inclúe Ecoloxistas en Acción, esta semana presentáronse máis de 100 casos xeorreferenciados que desvelan a magnitude do problema. O observatorio expón todo tipo de situacións, desde ataques, ameazas ou preitos intimidatorios contra activistas ata explotacións clandestinas que operan sen permisos ou sen someterse a unha avaliación de impacto ambiental. Tamén se documentan infraccións de dereitos laborais, como malas condicións de traballo ou obstáculos á actividade sindical.

A maioría dos casos incluídos son de Andalucía, con 24 explotacións, e Galicia, con 21, pero Joám Evans, coordinador do observatorio, advirte que “isto é só a punta do iceberg”, xa que contan cunha lista de 400 casos pendentes de documentar e nos últimos meses uníronse entidades de territorios nos que ata o de agora non se estaban investigando. “É sorprendente atoparse con tantas explotacións ilegais, cando tanto desde o sector como desde as administracións insístese tanto no mito da minería responsable e sostible”, remarca Evans.

O portal documentou máis de 400 infraccións ambientais, que inclúen verteduras, contaminación por po ou afectación a bens culturais, e case 300 infraccións relacionadas coa falta de autorizacións ou permisos ilegais, falta de restauración ou avais financeiros e corrupción administrativa. Desde o observatorio conclúen que detrás destas malas prácticas está “a falta de control polas administracións que xera un ambiente de impunidade xeneralizado”.

O Observatorio Ibérico da Minería é unha iniciativa de cidadanía ambiental na que participan unha trintena de colectivos co apoio do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030. No principio do ano foi distinguido cun premio da Universidade das Nacións Unidas pola súa metodoloxía participativa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.