“O sector pesqueiro de baixura rexeita ser parte da España baleirada”. Antón Luaces

15 Outubro 2023

Foi coma un lóstrego, pero quedou nídiamente claro: os concentrados o sábado diante da confraría de pescadores de Cedeira deixaron testemuño do seu rexeitamento á implantación nas costas galegas ou perto delas de aeroxeradores de enerxía eléctrica desde plantas de eólica mariña. E teñen motivos para expresar ese rexeite: a localización deses proxectos cadran, sospeitosamente, cos mellores caladoiros, aqueles nos que os barcos de baixura galegos se subministran, mediante a pesca, do peixe que pasa por lonxa e vai directo ás prazas e mercados nos que a cidadanía realiza as súas compras de peixe, este alimento do que agora as distintas  administracións fan publicidade para que se consuma, gabándose ao mesmo tempo de que contribúen ao mantemento socioeconómico desta Comunidade Autónoma.

A quen minten, a quen queren enganar?. Acaso é axudar ao sector pesqueiro pechar os seus caladoiros porque interesa que outros -as empresas eléctricas- sitúen eses proxectos de eólica mariña alí onde menos gastos causen aos beneficiados polas concesións administrativas malia seren  sabedores de que así afunden a un sector tan fundamental para Galicia como é a pesca?. 

E este é o único xeito de axuda que entenden uns e outros?.

As poboacións costeiras son as máis prexudicadas, porque a súa economía  depende esencialmente da pesca. De aquí que o sábado polo mediodía ducias de persoas se concentraran en Cedeira para dictar aos catro ventos a súa negativa non á eólica mariña, quede ben claro, senon a que os xeradores de enerxía eólica se ubiquen onde ata o de agora pescan centos de embarcacións con catro mil homes a bordo, os primeiros damnificados, curiosamente, polo cambio climático e o recurso a ecosistemas mariños incompatibles coa pesca.

Os mariñeiros galegos, ao igual que os do resto de España, non se van negar á descarbonización; pero sí a que xustifiquen á necesidade de descarbonizar o feito de outorgar a empresas -a maioría delas estranxeiras- a posibilidade de se implantar en augas nas que os pescadores traballaron históricamente e das que tentan votalos baseándose na necesidade de producir unha enerxía máis barata e menos contamiñante que a que na actualidade utilizamos.

Alto e claro o dixeron os concentrados en Cedeira: eólica mariña a ese prezo, non.  O que non é unha negativa á descarbonización dos buques de pesca. Porque unha cousa é contribuir na loita contra o cambio climático, e outra moi distinta morrer para que outros que sempre viviron ben vivan mellor aínda. 

Porque eles, os da eólica, contribuirán a xerar enerxía, combustible máis ou menos limpo; pero es pescadores xeran as proteínas que a poboación mundial precisa para vivir. E se sitúan aeroxeradores onde eles pescan e que os obrigan a abandonar os caladoiros tradicionais, onde carallo van pescar?. No monte?.

Quedou claro en Cedeira que os que protestaban diante da sede da confraría de pescadores non eran multinacionais enerxéticas, senon traballadores que non especulan: pescan. E pescando defenden o seu traballo diario, as súas familias e o seu tradicional modo de vida. E os parques que Iberdrola tenta construir en San Brandán e San Cibrao na costa do Ortegal, afectaría ao medioambiente, á paisaxe e á pesca, como clarexou a quen quixera escoitar a corporación municipal de Cedeira.

Alguén quere entendelo?.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.