Arrinca en Galicia a tempada de caza, que se estenderá ata o 6 de xaneiro de 2024

15 Outubro 2023


A actividade cinexética en Galicia comezou este domingo, 15 de outubro, e prolongarase ata o 6 de xaneiro de 2024. Poderase cazar os xoves, domingos e festivos tanto de carácter estatal como autonómico.

Como xa ocorreu na tempada anterior, a de 2022, permítese, dentro das zonas autorizadas, o adestramento de cans e aves de cetrería en calquera época do ano con fins de competición.

En canto á caza menor, nas zonas libres nas que estea permitido o exercicio da caza ao contar cunha superficie continua igual ou superior a 500 ha, a cota máxima por persoa cazadora e día será dunha perdiz vermella (Alectoris rufa) e un coello (Oryctolagus cuniculus).

Nos terreos de réxime cinexético especial as cotas serán as que se establezan nos correspondentes plans anuais de aproveitamento cinexético aprobados.

Na práctica da caza menor nos terreos de aproveitamento cinexético común non se poderá cazar en grupos maiores de seis persoas cazadoras, nin cazar coordinadamente máis dun grupo. Cada persoa cazadora poderá utilizar ata un máximo de catro cans. O número máximo de cans por grupo será de 12.

Autorízase a caza da gaivota reidora común, gaivota patiamarilla, estorniño pinto, pega e choia mediante a modalidade de cetrería, tanto en terreos de réxime cinexético común como especial, durante todo o ano, excepto nos meses de abril, maio e xuño.

No que respecta a a caza maior, a celebración de monterías ou batidas, en terreos de réxime cinexético especial, requirirá a notificación previa ao servizo provincial de Patrimonio Natural cunha antelación mínima de 10 días.

Neste tipo de actividade, non poden incluírse como pezas de caza: as crías e as femias de especies de caza maior cando vaian acompañadas das súas crías, os machos inmaturos das especies corzo, cervo e gamo e os machos adultos que efectuasen o desmogue antes do peche do seu período hábil de caza.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.