Ferido de gravidade un home que saíu despedido ao envorcar o seu coche na autovía á altura de Rianxo

17 Outubro 2023

Un condutor sofre a amputación dos pés nun brutal accidente con envorco na AG-11 en Rianxo.

Dotación de bombeiros do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base en Boiro traballando en accidente na AG-11 en Taragoña, sentido Padrón no Concello de Rianxo.

O condutor e único implicado sufriu lesións en ambas pernas e foi evacuado a bordo dunha ambulancia ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

Pasaban cinco minutos das 20:30 horas da tarde do luns cando o primeiro alertador, unha persoa particular, chamou ao 112 Galicia para alertar sobre este accidente, que se produciu no quilómetro 19 da AG-11, na parroquia rianxeira de Taragoña e en sentido Padrón. Segundo explicaba, observara un coche envorcado na incorporación da autovía.

Foi outro particular que chamou nos instantes posteriores quen confirmou que o ferido saíra despedido do seu vehículo e que precisaba asistencia sanitaria urxente.

De inmediato, os xestores do 112 Galicia activaron un operativo para o que solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Boiro e de Ribeira —finalmente estes últimos non tiveron que actuar—, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e dos voluntarios de Protección Civil de Rianxo e dos operarios dos servizos de mantemento da vía.

Os Bombeiros de Boiro confirmaron unha vez no lugar que o home viaxaba só no seu vehículo e, a continuación, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 evacuárono a bordo dunha ambulancia ao hospital compostelán.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.