Aumentan as incidencias polo mal tempo. O 112 Galicia rexistra máis de 350 por meteoroloxía adversa

19 Outubro 2023

Maioritariamente, as peticións de axuda ao 112 Galicia estiveron relacionadas coa presenza de árbores e pólas nas vías de circulación ou cos traballos dos servizos de emerxencias para previr riscos maiores, como o apuntalamento de muros e tellados. É importante sinalar que ningún deles se saldou con danos persoais.

Os datos recollidos no Centro Integrado de Atención ás emerxencias entre as 12 horas do mércores e o mediodía do xoves reflicten 369 incidentes, provocados polas intensas chuvias e o vento que afectan á comunidade, na que permanecen activos varios avisos de nivel amarelo e laranxa.

Deste xeito, as árbores e pólas supuxeron 131 das incidencias rexistradas no 112 Galicia, seguidas dos anegamentos e bolsas de auga nas estradas (60), prevención de riscos (47 casos), anegamentos de rúas (34) e asolagamentos en vivendas (16).

As provincias máis afectadas pola acción dos ventos e das chuvias son, con diferenza, A Coruña (168) e Pontevedra (145). As de Lugo e Ourense, con 38 e 18 respectivamente, non sufriron con tanta intensidade os efectos da meteoroloxía adversa.

Os concellos máis afectados son os de Santiago, con 25 incidencias rexistradas, e A Coruña, con 7, no caso da provincia da Coruña. En Pontevedra, destacan a cidade de Vigo, con 16 incidencias; Pontevedra, con 13, e Tui, con 8. En Ourense, O Barco de Valdeorras sumou 3 incidentes, a mesma cifra que nos concellos lucenses de Friol e Ribadeo.

Incidencias destacadas
Aínda que sen feridos, cómpre destacar un accidente no quilómetro 29 da AP-9F que se rexistrou esta mañá en Fene. Neste, un coche sufriu unha saída de vía por mor dunha bolsa de auga, colidindo contra a medianeira. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, o GES de Mugardos, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autoestrada.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.