A Fundación Catedral de Santiago deseña un programa educativo para escolares de toda Galicia

20 Outubro 2023

Realizaranse visitas didácticas ao Museo Catedral que xirarán arredor do patrimonio e da
historia do templo e da súa colección artística.
A Xunta de Galicia fixo posible a realización do programa a través do programa de axudas
destinadas a centros museísticos da Comunidade Autónoma de Galicia do ano 2023.


A Fundación Catedral de Santiago, dirixida polo pobrense Daniel Lorenzo, ven de presentar un programa educativo dirixido ao alumnado galego, de todas as idades, que ten como obxectivo principal dar a coñecer e afondar na historia da catedral compostelá e nas súas coleccións artísticas, e que inclúe diferentes visitas didácticas de carácter temático.
O programa constará de visitas adaptadas a diferentes idades, nas que o alumnado percorrerá os espazos cos que conta o Museo Catedral coma o edificio claustral, o Pazo de Xelmírez ou o Pórtico da Gloria, entre outros. Todas elas integrarán diferentes dinámicas educativas e abranguerán a diversidade do alumnado.
A temática das visitas será diversa, con lugar para as emocións, da man das cores e da música no Pórtico da Gloria; e para o xogo, da man da iconografía na colección artística do museo e de personaxes como Dona Urraca e Diego Xelmírez. Tamén haberá espazo para o alumnado da ESO e Bacharelato, levándoos a aqueles lugares que atopan nos libros de historia e reflexionando arredor da presenza das mulleres nos museos e na arte.
O programa, realizado a través da convocatoria de axudas destinadas a centros museísticos da Comunidade Autónoma de Galicia, foi levado a cabo polas historiadoras da arte Marina Pérez Toro e Lucía Hidalgo Portomeñe, baixo a coordinación dos responsables do Museo Catedral de Santiago, e prevé comezar a finais de 2023.
Esta proposta sumarase aos programas de visitas xa desenvolvidos polo Museo Catedral e será completamente gratuíta para os centros escolares previa reserva. O profesorado contará cun repositorio online, ao que poderán acceder a través da páxina web do Museo Catedral www.museocatedraldesantiago.es), no que atoparán materiais dispoñibles para descarga cos que os centros poderán traballar previa e posteriormente nas aulas, así como documentos informativos para a formación do profesorado e dirección e-mail de contacto.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.