A parroquia pobrense da Ribeiriña vivirá o seu Magosto no 28de outubro

23 Outubro 2023

Unha das tradicións outonais con máis arraigamento en Galicia chega no 28 de outubro á Ribeiriña. Esta parroquia pobrense vivirá o Magosto con xogos populares, maquillaxe para crianzas, música e concurso de cabazas que sorteará entradas para o cine. O punto neurálxico será o parque do lugar, dende as
17.00 ata as 19.00 horas.
Trátase dunha proposta coa cal a Concellaría da Participación Veciñal busca contribuír á descentralización dos eventos de carácter lúdico do núcleo urbano e levalos tamén a cada recuncho da Pobra do Caramiñal, nesta ocasión dando respaldo á iniciativa da asociación veciñal da Ribeiriña, representada no acto por algúns dos seus integrantes.
Na súa intervención, a concelleira da Participación Veciñal, Rosana Pérez, remarca a importancia deste tipo de accións para “dinamiza-las zonas do rural e poñer en valor as nosas tradicións”, polo que afirma que se está traballando por leva-lo Magosto a outros núcleos poboacionais.
A edil tamén incide na implicación da Administración local para o fortalecemento do tecido asociativo e a potenciación dos colectivos veciñais para recupera-lo espírito de comunidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A Sanidade non se vende, a sanidade deféndese”. Antón Luaces

“A Sanidade non se vende, a sanidade deféndese”. Antón Luaces

Pública e responsable. Así debe ser a Sanidade en España. Para esto, o Goberno derogará a lei aprobada por José María Aznar (a Lei 15/1997) que permitía o que, hoxe en día, está a acontecer: a privatización dun servizo público e universal que tanto custou e custa á...

¿El mundo se ha vuelto idiota?. José Antonio Constenla

¿El mundo se ha vuelto idiota?. José Antonio Constenla

Antes de que la palabra idiota fuera un insulto y la RAE en su diccionario ladefiniera como tonto, corto de entendimiento o falto de instrucción, los antiguosgriegos la usaban para referirse a los que no se ocupaban de los asuntospúblicos y se dedicaban en exclusiva a...