A Policía Autonómica investiga unha persoa por un delito contra a flora e a fauna ao atrapar un azor nunha gaiola no concello de Rois

05 Setembro 2023

Axentes da Policía Autonómica  da xefatura de Santiago de Compostela en colaboración con axentes ambientais da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda liberaron o luns 28 de agosto un azor atrapado nunha gaiola en Rois. Como resultado da actuación hai unha persoa investigada como presunta autora dun delito contra a flora e a fauna.

A ave foi capturada nunha trampa situada no tellado dun pombal, onde foi atraída polas pombas que había no seu interior como reclamo. A gaiola, fabricada de xeito artesanal con malla metálica tiña unha zona de maior tamaño cunha porta que se pechaba de maneira automática ao entrar o animal, e outra menor onde se colocaran como reclamo dúas pombas vivas. Tras avaliar o seu estado, tanto o azor como as pombas foron liberados.

Cómpre sinalar que o azor común está incluído na lista de especies en réxime de protección especial. As dilixencias por estes feitos fóronlle remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda de Padrón e a gaiola foi intervida.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.