O Concello de Lousame ofrece dous obradoiros de baile gratuítos o mércores 13 de setembro no local social de Aldeagrande

06 Setembro 2023

O Concello de Lousame vai poñer en marcha o ciclo de actividades Baila con nós, dous obradoiros de baile gratuítos que terán lugar na tarde do próximo mércores 13 de setembro no local social de Aldeagrande. Dúas sesións de balde que serán impartidas por profesorado do Taller Alecrín e para as que é preciso anotarse chamando ao teléfono 698 150 432.

O primeiro dos obradoiros, de linedance, terá lugar de 20:30 a 21:30 horas. Trátase dunha modalidade individual indicada para aquelas persoas que desexen unha toma de contacto con diferentes ritmos de baile, tanto latinos como modernos. De 21:30 a 22:30 horas terá lugar o obradoiro de bailes de salón, para os que é preciso anotarse en parellas e no que se ofrecerá unha selección variada de baile estándar, latinos e tropicais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.