Este sábado 16 comezan en Nebra (Porto do Son) as festas da Romaría da Valvanera

15 Setembro 2023

Este 16 de setembro comezan na parroquia de Nebra (Porto do Son) as festas da Romaría da Valvanera. Celebraranse entre o sábado 16 e o martes 19 de setembro. A axenda festiva inclúe as actuacións da Banda de Música de Caamaño, Son da Ría, Miguel Torres, Dúo Rumbo Norte, orquestra Acordes, Aires de Broña e orquestra Fuego Galicia.

As celebracións comezan o sábado 16 (o día grande das festas) ás 9.00 da mañá coa procesión das imaxes dende distintas parroquias. Ás 10.00 chegarán as imaxes da Virxe e celebrarase o encontro coa representación da Anunciación. Ás 12.00 haberá misa e ás 13.00 están previstas as actuacións da Banda de Música de Caamaño e o grupo Son da Ría. Logo da sesión vermú haberá (arredor das 14.00 horas) unha exaltación de polbo e ás 17.00 está prevista unha gran foliada con grupos populares. Polo serán (ás 20.00 horas) volverá a música con Miguel Torres e o Dúo Rumbo Norte.

O domingo será o día para honrar á Virxe das Dores. Haberá misa solemne ás 13.00, seguida de procesión, e música co grupo de gaitas Son da Ría. A verbena virá da man da orquestra Acordes.

O luns, na honra de Santo Antonio, haberá misa solemne e procesión (ás 12) e logo volverá actuar o grupo de gaitas Son da Ría. Para a verbena contarase con Aires de Broña. O martes, na honra da Nosa Señora de Valvanera, haberá misas a diferentes horas (9, 10, 11, 19 e 20h) e unha misa solemne con procesión ás 12h. Actuará a Banda de Caamaño e pola noite a orquestra Fuego.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.