Este venres remata o prazo para presentar achegas ao XXXVI Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón

20 Setembro 2023

Este venres día 22 de setembro remata o prazo para participar no XXXVI Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón que organiza o Concello de Dodro.

O premio honra a memoria do poeta de Laíño Eusebio Lorenzo Baleirón, autor dos poemarios Os días olvidados e O corpo e as sombras, ademais de ensaios e o libro de narrativa xuvenil O libro das viaxes e dos soños. Baleirón morreu de xeito prematuro en 1986, aos 24 anos. O premio que leva seu nome é dos máis antigos e máis queridos de Galicia, segundo confirman dende a Área de Cultura do Concello, engadindo que ao premio poden optar todos os maiores de 18 anos que non gañaran en algunha das catro edicións anteriores.

Está dotado cun premio de 2.500 euros, a edición na editorial compostelán Chan da Pólvora e o gañador terá ademais 25 exemplares desa edición. Os traballos deberán ser orixinais, non premiados en outros premios e non estar rexistrados nin total nin parcialmente.

Os poemas serán de temática libre e terán unha extensión mínima de 500 versos e máxima de 800. As bases completas poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia do 23 de xullo pasado e na ligazón específica habilitada.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.