A CEMMA pon en marcha campañas marítimas en Arousa e recursos dixitais para o estudo da toniña (co apoio de CaixaBank)

22 Setembro 2023

A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) puxo en marcha o proxecto ambiental Phocoe-nando, unha rede cidadá para a protección e conservación dunha poboación ameazada e singular: a toniña afroibérica en Galicia, grazas ao apoio de CaixaBank. O proxecto foi seleccionado na Convocatoria de Medio Ambiente promovida pola entidade financeira.

Segundo lembra a coordinadora galega, a toniña, Phocoena phocoena, é “a especie de cetáceo máis singular que habita na costa da Península Ibérica, por considerarse unha subpoboación illada das toniñas do hemisferio norte, habita as augas desde o Cantábrico ata o estreito de Xibraltar, aínda que o groso da súa poboación céntrase na costa galego-portuguesa”. Porén, engade a CEMMA, “as ameazas que sofre constantemente obrigaron á súa declaración como especie ameazada na lexislación española”.

O deseño do proxecto Phocoe-nando pretende contribuír á protección e conservación da toniña mediante a participación social, a información sobre a especie e as súas ameazas mediante a difusión, sensibilización, sensibilización, educación ambiental e formación para o desenvolvemento de actitudes e habilidades que provocan impacto social e xerar un ambiente de respecto e admiración, incidindo positivamente na súa conservación.

Dentro do proxecto programáronse cinco campañas de transporte marítimo que se realizarán a bordo do barco Chasula, fronte á ría de Arousa. De feito, a toniña frecuenta as augas de 90 metros de profundidade nas proximidades das illas de Ons e Sálvora. “Nestas campaña de carácter investigador e formativo”, explica a CEMMA, “intentarase detectar a especie mediante o rexistro de avistamentos para informar sobre a súa presenza e ecoloxía”. Tamén se están a xerar materiais divulgativos (no apartado habilitado pola coordinadora dentro da súa propia páxina) desenvolvendo conferencias sobre a especie e proximamente dous obradoiros, dirixidos ao sector educativo e pesqueiro.

Vertente tecnolóxica

Ao abeiro deste proxecto inclúese o deseño e a implantación dunha plataforma web e información en diferentes redes sociais (RRSS) como plataformas de soporte e difusión de contidos sobre a toniña: bioloxía da especie, ameazas, accións de conservación.

– Plataforma que achegará información básica sobre especie.

– Plataforma soporte e descarga de materiais.

– Plataforma para enviar datos avistamento. CEMMA conta cunha aplicación móbil que permite canalizar estes datos. Podemos descargala desde o noso móbil na  Play Store e máis na Apple Store.

– Atlas Dixital Osteolóxico-ADO. Podemos entrar na información sobre o ADO da toniña na web da CEMMA.

Apoio de CaixaBank

O obxectivo da Convocatoria de Medio Ambiente, lanzada por CaixaBank, é promover iniciativas que busquen mellorar o patrimonio natural, a través da protección da biodiversidade, a economía circular e o desenvolvemento rural.

O compromiso social de CaixaBank é tamén un compromiso co medio ambiente e coa transición a unha economía baixa en carbono. A entidade xestiona a súa actividade diaria no marco deste compromiso, respectando o medio ambiente e as persoas, e destina unha parte do orzamento a desenvolver estratexias climáticas a longo prazo.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.