En Boiro aparecen nove eguas mortas por disparos nos montes da Curota

24 Setembro 2023

Nove eguas foron tiroteadas nos montes da Curota, nun espazo de pastoreo libre do concello de Boiro. Os propietarios presentaron denuncia ante a Garda Civil e non entenden cal puido ser o motivo da matanza porque non hai ningún conflito previo. 

O martes Manuel Blanco, o propietario da manda de eguas de pura raza galega estivo no monte controlando os animais como fai case a diario, e estaban ben. O xoves recibiu o aviso de que había nove bestas mortas. 

“O martes o propietario desta manda de eguas estivo no monte controlando os animais como fai case a diario, e estaban ben e o xoves xa recibiron o aviso de que había nove bestas mortas”, asegura Ovidio Queiruga, presidente da Comunidade de Montes de Baroña.

“Sóubeno o xoves, vin que xa eran meus. Fáltanme catro máis que penso que tamén deben estar mortos porque non aparecen por aquí”, relata Manuel.

As feridas de bala nos animais aprécianse a primeira vista. Caeron mortos no lugar onde pacían, moi próximos entre si. Os propietarios insisten en que non hai conflitividade entre comunidades de montes nin con ningún gandeiro, como relata Queiruga.

“Non entendemos que este caso sexa replicable a outros que pasan cando, por exemplo, hai animais que por desgraza entran nunha agra e mátanos. Non ten desculpa porque os animais están identificados con microchip e teñen chapas para identificar de quen son. Neses casos se hai danos identificaríanse e a comunidade ou o propietario faríase cargo dos danos. Pero neste caso nin sequera é así, é unha zona que está moi dentro no monte”, di Queiruga.

“Non ten que ser unha persoa moi normal para facer isto. Ou está tolo, ou ten algo contra os cabalos ou algo que lle fai mal no monte”, insiste Manuel.

Xa presentaron denuncia e o Seprona acudiu a inspeccionar os corpos das eguas. (Fonte G24.gal)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.