A Banda da Escola de Música de Rianxo, Vai de Roda e Fogo Fatuo prepararon para o curso 2023-2024 que vén de comezar un intenso programa de actividades formativas dirixidas para todas as idades e niveis.

Respecto do programa da Escola de Música de Rianxo, achegaranse actividades de iniciación musical e linguaxe musical, de práctica instrumento e de jazz. Complementarase con obradoiros instrumentais conxuntos. O período de inscrición estará abeto até este 28 de setembro. Podemos facela a través do 671 058 555 e do correo escolademusicaderianxo@gmail.com. O curso comeza o 2 de outubro.

Pola súa banda, dende a asociación Vai de Roda completan a axenda formativa con actividades formativas centradas no baile, na pandeireta, na gaita, na percusión, nos cantos de taberna e na charanga. Haberá grupos de iniciación, perfeccionamento e adultos (a partir dos 4 anos). O inicio das clases está fixado para o 7 de outubro. Máis información no 698 133 962 e no correo vaiderodarianxo@gmail.com.

No que se refire a Foto Fatuo, ofrece formacións sobre baile, percusión, pandeireta e gaita, para todas as idades. Máis información no número de teléfono 663 322 149 e no correo fogofatuo@fogofatuo.es.



