Conservas Cerqueira inaugura este martes a factoría máis moderna e grande no Polígono Industrial de Rianxo

25 Setembro 2023

Rianxo contará desde este martes cunha nova fábrica no Polígono Industrial do Te. Conservas Cerqueira, compañía con máis de 130 anos de historia, é a matriz das marcas Pay Pay, Ramona, Pay Pay Ouro e Bos Días, investiu máis de 28 millóns de euros na fábrica, que dispón da máis moderna tecnoloxía en materia ambiental e de sustentabilidade, e que asumirá a produción da factoría da empresa que ata o de agora operaba en Ribeira, ampliándo ademais con novas liñas.

As novas e máis notables instalacións de Cerqueira, que estarán no polígono rianxeiro do Te, contan con 18.000 metros cadrados de superficie nunha parcela de máis de 36.000 metros cadrados, comezou a súa produción no pasado mes de xuño e podería dar emprego a medio prazo a un total de 250 traballadores.

O presidente de Conservas Cerqueira, Juan Manuel Cerqueira Ozores, o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco Lobeiras, o vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia, Diego Calvo Pouso, e o alcalde de Rianxo, Julián Bustelo Abuín, e o conselleiro do Mar, Alfonso Villares Bermúdez, inaugurarán este martes 26 de setembro, ás 12,00h, a nova factoría da empresa viguesa, situada no polígono industrial de Té, na localidade de Rianxo.

Ao termo do acto, tralo descubrimento da placa conmemorativa farase un percorrido guiado polas novas instalacións.

Histórica fábrica de Cequeira en Ribeira agora trasladada a Rianxo

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.