A Biblioteca Municipal de Noia prolonga co novo curso as súas actividades culturais, dinamizadoras e de fomento da lectura. A axenda comeza este venres 29, ás 18.00 horas, cunha proposta dirixida ás nenas e nenos de máis 4 anos e poñendo o foco na temática da igualdade. Trátase de Coas mans na masa, do contador Caxoto.
O espectáculo de Caxoto preséntase como un “menú con ingredientes de igualdade co que desmontar os estereotipos de xénero e os micromachismos cociñados a lume lento ao longo da historia”. A obra ponnos na pel dun chef (Caxoto), ao que sempre lle dixeron que cociñar “era cousa de mulleres” e desta volta quere propoñernos un menú elaborado con ingredientes que contribúan a derrubar esa falsa crenza. “Trátase dun prato de bo gusto onde entre risas, contos e sorpresas afinaremos o noso padal na igualdade e contra os estereotipos de xénero”, sinálase na ficha.
A actividade será ás 18:00 horas do venres 29 de setembro, ás 18:00 horas na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos.




