Rianxo, Boiro e Lousame acollen en outubro o XIII Seminario Sobre a Memoria

30 Setembro 2023

Os concellos de Rianxo, Boiro e Lousame acollerán este mes de outubro a edición XIII do Seminario Sobre a Memoria, baixo o epígrafe Un inferno para mulleres. Celebrarase os días 6, 7 e 14 de outubro de 2023. Está organizado pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza e a Nova Escola Galega coa colaboración do Concello de Rianxo entre outras entidades

A asistencia ao seminario require inscrición previa agás a proposta da ofrenda floral que se realizará o venres 06 de outubro, ás 19.00 horas, na zona do Castelo, onde estaba o antigo campo de concentración en Rianxo. Esta ofrenda complementarase cunha actuación musical.

O número de prazas será de 50, por orde de inscrición.

A inscrición no programa pode facerse a través da ligazón específica habilitada. O programa está dispoñíbel en liña. A axenda inclúe exposicións, conferencias, roteiros, presentacións de traballos de investigación da Revista Galega de Educación, actuacións de Os Quinquilláns e Barahunda e unha homenaxe a Xoán Xosé Fernández Abella.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.