Convocadas por quinto ano consecutivo as axudas de ata 15.000 euros para mercar vivendas en centros históricos

08 Agosto 2023

A maiores a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, estrea apoios para a promoción de aloxamentos temporais, modelos de cohousing e vivendas interxeracionais (6,8 millóns)

A Xunta convocou axudas de ata 15.000 euros para comprar vivendas en centros históricos. Estes e outros datos foron achegados este mes de xullo pola vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, nunha visita recente ao casco vello de Ribadeo, na que incidiu en que se trata do “quinto ano consecutivo” no que son convocadas estas axudas, ao abeiro do Pacto Social pola Vivenda de Galicia 2021-2025, axudas que teñen como obxectivo promover a recuperación do patrimonio xa construído ao mesmo tempo que se facilita o acceso das familias a unha vivenda.

En termos máis concretos, esta iniciativa busca contribuír á revitalización dos centros históricos converténdoos en lugares atractivos para vivir e favorecendo a súa dinamización social, económica e patrimonial, así como o relevo xeracional da súa poboación. De feito en convocatorias anteriores máis da metade dos beneficiarios tiñan menos de 35 anos.

Máis polo miúdo, e segundo recolle a convocatoria que vén de publicar o Diario Oficial de Galicia, o prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o vindeiro 2 de outubro de 2023 (dende o pasado 4 de xullo).

A conselleira explicou tamén que esta liña de financiamento conta cun orzamento inicial de 500.000 euros, engadindo que as axudas son, con carácter xeral, de 10.800 euros, pero a contía pode incrementarse ata os 12.800 euros por vivenda se o solicitante é menor de 35 anos, e ata os 15.000 euros no caso de que o inmoble se localice nalgunha das 7 Áreas Rexurbe declaradas na actualidade en Galicia: A Coruña, Mondoñedo, Ribadavia, Tui, Ribadeo, Ferrol e Betanzos.

Para optar a estes apoios, ademais de que a vivenda estea situada nun centro histórico, o solicitante tamén deberá cumprir outros requisitos. Así, debe ser español ou ter residencia legal en España; debe ter subscrito (con posterioridade ao 15 de novembro de 2022) un contrato privado ou unha escritura pública de adquisición dunha vivenda xa construída (nova, usada ou pendente de rehabilitación), e os ingresos anuais das persoas que compoñen a unidade de convivencia deben ser iguais ou inferiores a 6,5 veces o IPREM (54.600 euros).


Convocadas por vez primeira axudas para a promoción de aloxamentos temporais, modelos
de cohousing e vivendas interxeracionais por 6,8 millóns.

A Xunta convocou este mes de xuño, por primeira vez en Galicia, unha liña de axudas para o fomento de aloxamentos temporais, de modelos cohousing, de vivendas interxeneracionais e modalidades similares, cun orzamento total de 6,8 millóns de euros para as anualidades que van de 2023 a 2026 (as intervencións a subvencionar teñen carácter plurianual).

Así, ata o vindeiro 2 de novembro, agás esgotamento do crédito dispoñible, os interesados en optar a estas axudas (dirixidas a entidades privadas e empresas que desexen promover propiedades destinadas aos usos previstos na convocatoria) poderán presentar as súas solicitudes. As subvencións destinaranse tanto a inmobles de nova construción como á rehabilitación doutros xa existentes e as vivendas ou aloxamentos resultantes deberán dedicarse a alugueiro durante un prazo de polo menos 20 anos, que se computará desde a primeira ocupación.

Os promotores destes aloxamentos recibirán unha axuda de ata un máximo de 420 euros por metro cadrado de superficie útil. A contía non poderá superar o 50% do investimento e, como máximo, será de 50.000 euros por aloxamento ou vivenda.

En canto aos edificios, deberán ser accesibles, dispoñer dunha cualificación enerxética A como mínimo e cumprir a normativa de habitabilidade de vivenda vixente en Galicia.

Pola súa parte, as persoas usuarias dos aloxamentos ou vivendas financiadas con estas axudas deberán teringresos anuais que non superen 5 veces o IPREM (42.000 euros), sumando os de todas as persoas que compoñan a unidade familiar.

O prezo do alugueiro por metro cadrado, no momento da sinatura do contrato, non poderá superar o das vivendas protexidas de protección autonómica de réxime xeral que corresponda á zona xeográfica na que estea a vivenda. No suposto de que se inclúan espazos comúns e de interrelación, poderá incrementarse este importe co prezo proporcional da superficie destes sen que poida superar 8 euros mensuais por metro cadrado de superficie útil de aloxamento ou vivenda incluída a parte proporcional de superficie dos espazos comúns e de interrelación.

Axudas de 8,4 millóns para a construción de vivendas de alugueiro social

A maiores de todo o devandito, a Xunta de Galicia destinou o ano pasado 8,4 millóns de euros a axudas para a construción de vivendas para alugueiro social en edificios enerxeticamente eficientes, un programa innovador financiado con fondos europeos do Next Generation e que foi convocado por primeira vez en 2022, co obxectivo de achegar a metade destes fondos a concellos e o resto a promotores privados que construísen vivendas en terreos de titularidade pública.

As subvencións aplicáronse tanto a vivendas de nova construción como á rehabilitación de edificios cun uso distinto ao residencial e que se vaian destinar a alugueiro social.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.