Boiro adquire novas grúas e camas articuladas para persoas dependentes e esgota a lista de agarda

08 Agosto 2023

O Concello de Boiro vén de adquirir novas axudas técnicas para o préstamo a familias usuarias do servizo de axuda no fogar con persoas dependentes ao seu cargo. Con esta nova adquisición de grúas e camas articuladas rematase a lista de agarda no departamento de Servizos Sociais para estes medios.
En total adquiríronse 6 camas e 3 grúas, que se suman ás xa existentes no banco municipal, e que permiten esgotar a lista de agarda.
“Debemos seguir adquirindo anualmente axudas técnicas deste tipo para seguir facilitando ás familias e aos dependentes”, afirmou o alcalde José Ramón Romero. A adquisición destas novas axudas técnicas están financiadas mediante o POS+ de Servizos Sociais Extraordinarios da Deputación da Coruña.
O réxime de préstamo destas axudas conta cunha longa traxectoria no municipio, sendo preto de 40 as axudas técnicas das que dispón o Concello de Boiro e que se poñen a disposición das persoas usuarias. Os Servizos Sociais comunitarios de Boiro contan cun catálogo de axudas técnicas para o seu préstamo como son colchóns antiescaras para persoas acamadas, camas articuladas e grúas para persoas con servizo SAF para familias e persoas que precisan deste servizo.
“Cada vez hai máis produtos e axudas técnicas e temos que definir cales podemos poñer a disposición dos veciños. Temos que traballar a futuro e con planificación para poder cubrir as necesidades e emerxencias no menor tempo posible”, afirmou o concelleiro de Política Social, Raúl Treus. Dende o departamento de Servizos Sociais traballan para cubrir as necesidades das persoas dependentes e reducir os tempos de agarda.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.