Leiro celebra este sábado a súa Festa Gastronómica (con degustacións de chopo e anguía)

08 Agosto 2023

Este sábado 12 de agosto a parroquia de Leiro en Rianxo vai dar acollida á súa Festa Gastronómica. Será na praza da Veliña, organizada pola Asociación Virxe do Carme de Leiro e coa colaboración do Concello de Rianxo, da Confraría de Pescadores Virxe do Carme de Rianxo e da Asociación de Armadores da Solla do Ulla. A actividade estrela do programa de actividades será a degustación de chopo guisado, arroz con chopo na súa tinta, anguía frita e outros peixes máis.

  • DÍA: sábado 12 de agosto
  • HORA: a partir das 13.00 horas
  • LUGAR: Praza da Veliña (Leiro)

Reservas nos teléfonos: 658 11 69 44 // 635 54 00 70.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.