Unha trintena de rapaces e rapazas experimentaron a navegación a vela na Pobra

11 Agosto 2023

A Pobra do Caramiñal participou neste ano na Campaña de Vela impulsada pola Deputación da Coruña, converténdose así nunha das seis sedes desta iniciativa. Unha trintena de rapaces e rapazas asistiron dende o 7 de agosto a este curso de iniciación aos principais conceptos teóricos e prácticos da navegación a vela.

O concelleiro dos Deportes, Eloy Sobrido, acudiu neste día 11 á clausura da quenda correspondente coa localidade pobrense; acto durante o cal fixo entrega dos diplomas e incidiu na importancia deste tipo de accións para promover a actividade física entre os cativos e cativas con propostas vencelladas ao mar aproveitando o verán, fomentando así os deportes náuticos entre as xeracións máis novas.

O programa tivo unha duración de cinco días en grupos de mañá e de tarde.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...