A Pobra e diversas asociacións de ámbalas beiras da ría únense pola memoria histórica en homenaxe a José Fernández Vázquez

17 Agosto 2023


O Concello da Pobra do Caramiñal colabora co Faiado da Memoria e coa Iniciativa Cidadá pola Memoria Histórica de Vilagarcía, xunto coa Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Barbanza e a Fundación 10 de Marzo, nunha acción en materia de memoria histórica que se concentrará no 9 de setembro.

A concelleira da Memoria Histórica, Patricia Lojo, enxalzou o simbolismo desta proposta que, segundo dixo, “unirá as dúas bandas da ría arousá nunha xornada de recuperación de acontecementos e posta en valor das xentes e dos lugares da memoria”. Neste senso, a edil fixo fincapé no compromiso da Administración local coas asociacións que traballan neste eido.

Un catamarán partirá dende o porto de Vilagarcía de Arousa, ás 10.30 horas, para percorrer a ría da Arousa e pór en valor a súa importancia por ser escenario de numerosos episodios históricos que marcaron o porvir das súas poboacións costeiras. A travesía fará unha parada en Sálvora para asistir a unha visita guiada á aldea e faro, que contan tamén cun relevante pasado dende o punto de vista histórico e social. Arredor das 14.30 horas, partirase da illa con rumbo á Pobra do Caramiñal. O prezo desta travesía establécese nos 20 euros por persoa adulta, nos 8 euros para a rapazada de 4 a 12 anos e será de balde para as crianzas menores.

Xa na Pobra do Caramiñal, o Teatro Cine Elma acollerá, ás 17.00 horas, unha charla-homenaxe arredor da figura de José Fernández Vázquez, veciño pobrense, que se trasladou posteriormente a Vilagarcía, coñecido como “o comandante Sotomayor”, moi activo na vida política, principalmente entre a década dos 30 e dos 60, quen garda relación coa localidade pobrense por mobilizar ao sector conserveiro apoiando as traballadoras na mellora das condicións laborais, tal e como explicou Margarita Teijeiro, integrante do Faiado da Memoria, quen subliñou a súa participación activa na defensa da República, “tanto durante a Guerra Civil coma despois no exilio dende a América Latina”.

Ela participará neste acto que tamén contará coa presenza de Carlos Cimadevila, presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Barbanza; Xosé Castro Ratón, membro da Iniciativa Cidadá pola Memoria Histórica de Vilagarcía; Víctor Santidrián, historiador; Rosa Fernández, filla do homenaxeado; e representación institucional.

Unha vez concluído, as persoas procedentes de Vilagarcía regresarán no catamarán ao porto de saída.

A asistencia a ámbalas actividades pódese facer por separado, polo cal non é obrigatorio facer a travesía náutica. A asistencia ao acto no Elma é de balde. Máis información e inscricións no teléfono de contacto 986186893, cuxa data límite se estipula no 5 de setembro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.