Domingo con nubes e claros e temperaturas baixas para a época

26 Agosto 2023

Galicia quedará durante o domingo con predominio da influencia anticiclónica, pero con ventos de norte-noroeste que achegan unha masa de aire húmida e fría. Con esta situación, agárdanse ceos con máis nubes canto máis ó norte, onde se rexistrarán chuvascos durante a mañá. As temperaturas non terán cambios significativos, rexistrando valores baixos para a época do ano. Os ventos soprarán de compoñente norte, frouxos pola mañá aumentando a moderados á tarde.

Na comarca teremos ceos con nubes e claros en xeral durante os vindeiros días. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con valores que globalmente se atoparán sen cambios.
No referido á calidade do aire, manterase a un nivel favorable en xeral.

meteogalicia

O noso mar: Vento do norte á mañá e á noite e do noroeste á tarde, forza 2 a 3 á mañá, 4 a 5 á tarde e 1 a 2 á noite. Mar ovellado á mañá, forte marusía á tarde e mar rizado á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 1.5 metros á mañá, 1 a 2 metros á tarde e 0.5 a 1 metros á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Preamar01:112.8 m
Baixamar07:251.4 m
Preamar13:433.1 m
Baixamar20:051.2 m
Vigo
Hora*Altura
Preamar01:032.8 m
Baixamar07:161.4 m
Preamar13:373.0 m
Baixamar20:011.2 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Preamar01:072.8 m
Baixamar07:211.4 m
Preamar13:413.0 m
Baixamar20:051.2 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)
Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
Praia de Balieiros directo- Corrubedo
Praia da Ladeira directo- Corrubedo
Praia das Furnas directo. Porto do Son
Praia Aguieira directo.Porto do Son
Portosín. Porto do Son
Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
Cabo de Cruz Boiro
Rianxo. Porto
Centro Náutico do Freixo
Praia de Carnota

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.