O Supremo confirma a 5 anos a condena do home de Ribeira que disparou á súa ex parella

30 Agosto 2023

O Tribunal Supremo confirmou a condena de cinco anos de cárcere que o TSXG impuxera a un home de Ribeira que disparara á súa ex parella cunha escopeta de balines desde o balcón da súa casa, rexeitando así o recurso presentado polo acusado.

O tribunal tampouco considerou o recurso presentado pola vítima. Esta pedía a consideración de asasinato, pero os xuíces remítense á sentenza da Audiencia Provincial, que ditaminou que “non concorreu propósito de matar ou, polo menos, non está suficientemente probado”. Igualmente rexeitaron aceptar a condición de agravante por parentesco, aclarando que carece de “transcendencia práctica”, xa que se impuxo a pena máxima.

No fallo o Supremo tamén desestima ter en conta a atenuante de drogadicción que pedía o acusado xa que “non basta a condición de consumidor de drogas para que xurda a atenuante”, e engade que “o auto de aclaración do 23 de febreiro de 2022 é suficientemente expresivo das razóns que levaron a rexeitar tal atenuación”.

Os feitos tiveron lugar en xuño de 2020, cando a vítima acudiu á casa da súa expareja, onde permaneceu ao redor dunha hora. Ao saír, o condenado disparoulle desde un balcón a unha distancia duns dez metros e cando a muller atopábase de costas.

Segundo reflicte a sentenza, o balín alcanzoulle órganos vitais e a muller caeu ao chan. Posteriormente, foi evacuada de emerxencia por unha ambulancia ata o hospital de Santiago, xa que a súa situación era “de risco vital”. Precisou 60 días, dez deles de ingreso hospitalario, para curarse.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.