Xerais 2023: O PPdG di que os galegos “responderon á discriminación exercida polo Goberno central”

24 Xullo 2023

O Partido Popular de Galicia fixo unha valoración moi positiva das Eleccións Xerais deste domingo 23 de xullo, nas que foi quen de aumentar en 3 deputados as cifras conseguidas en 2019, acadando 13 dos 23 escanos que estaban en xogo nas catro circunscricións. En palabras do presidente Alfonso Rueda,” o PP gañou claramente as eleccións en España e cunha maior intensidade mesmo en Galicia”. Tamén dixo que “os populares obtiveron unha clara vitoria en Galicia, co o 43,5% dos votos e máis de 696.000 sufraxios en total”.

Lembrou asemade que o seu partido obtivo na comunidade “todos os senadores posíbeis, doce, e 13 deputados dos 23 posíbeis. Na súa opinión, estas cifras demostran “que os galegos responderon á discriminación» exercida polo Goberno central cara a Galicia durante os últimos anos”. Máis do 43% dos electores, dixo, recolleron esa mensaxe.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A Sanidade non se vende, a sanidade deféndese”. Antón Luaces

“A Sanidade non se vende, a sanidade deféndese”. Antón Luaces

Pública e responsable. Así debe ser a Sanidade en España. Para esto, o Goberno derogará a lei aprobada por José María Aznar (a Lei 15/1997) que permitía o que, hoxe en día, está a acontecer: a privatización dun servizo público e universal que tanto custou e custa á...

¿El mundo se ha vuelto idiota?. José Antonio Constenla

¿El mundo se ha vuelto idiota?. José Antonio Constenla

Antes de que la palabra idiota fuera un insulto y la RAE en su diccionario ladefiniera como tonto, corto de entendimiento o falto de instrucción, los antiguosgriegos la usaban para referirse a los que no se ocupaban de los asuntospúblicos y se dedicaban en exclusiva a...