Xerais 2023: Formoso celebra que en Galicia a esquerda sumase o 51% dos sufraxios

24 Xullo 2023

O secretario xeral o PSdeG, Valentín González Formoso, salientou este domingo 23-X, cos resultados das Eleccións Xerais, que os socialistas galegos sumaron medio millón de votos nestas eleccións xerais, superando o rexistro de 2019. Así o dixo nunha valoración da convocatoria electoral xunto con candidatos ás eleccións xerais e integrantes da executiva autonómica, na que subliñou que a esquerda suma máis votos que o PP.

O líder dos socialistas galegos apuntou á “lectura contundente” das eleccións xerais en Galicia, onde “hai máis galegos e galegas que rexeitan que Feijóo sexa presidente”, o que “fai máis amarga se cabe a noite” para o candidato popular. “Unha noite”, dixo, que será “probablemente a peor da súa vida” porque “a mobilización da sociedade de progreso impediu que haxa un presidente dun goberno de dereita e ultradereita”.

Resaltou que un 51 por cento dos galegos e galegas “dixeron non a Feijóo como presidente do goberno”, e súmase ao resultado electoral das pasadas eleccións municipais, onde a esquerda tamén sumou máis porcentaxe de voto que o PP en Galicia. Agradeceu así a participación da sociedade galega “de maneira exemplar” e que permitiu “celebrar que a ultradereita non entre no goberno de España”.

Valentín González Formoso salientou que “a sociedade fixo historia nun momento moi crítico” cunha participación un 4 por cento superior á das anteriores eleccións xerais, que permitiu superar ás enquisas que vaticinaban unha maioría da dereita e a ultradereita.

Outros artigos

“Alfredo Sánchez Carro”. Xulio Xiz

Que dificil, Alfredo, ter as palabras xustas para despedirte.Pero como o teu eran as palabras e obras, e se as obras son amores, ás obras me vou a referir, para que os lucenses as recorden; para que os lucenses te recorden. El Progreso Lembras, Alfredo, - lembrabas, e...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Eu son unha persoa seria, non coma outros” – Antón Luaces

“Eu son unha persoa seria, non coma outros” – Antón Luaces

A frase é do expresidente do Goberno socialista Felipe González Márquez. Rotundo, seguro, sabedor do que foi e do que é?. Pode que si.  Díxoo despois de que o expresidente do Congreso, José Bono, explicara nun mitin que non fixera o parvo, que a el o PSOE débelle...

“Objetividad de la visión en España”. José Fernández Lago

“Objetividad de la visión en España”. José Fernández Lago

En este período de ocho años del actual Gobierno, han tratado de resolverse muchas cuestiones. Algunas de ellas han llegado a buen término, al encontrar apoyo en la mayor parte del Parlamento. Otras, en cambio, no han hallado esa acogida, y fueron rechazadas. Cierto...