O pobrense Daniel Lorenzo Santos, entre os homenaxeados no acto ‘Alba de Compostela’

18 Xullo 2023

O Teatro Principal de Santiago de Compostela será o escenario o vindeiro 25 de xullo a partir das 13:15 horas da primeira edición de ‘Alba de Compostela’, un acto institucional organizado polo Concello de Santiago e inspirado no afamado discurso ‘Alba de Gloria, que Castelao fixo en Bos Aires o mesmo día de 1948.

A través deste evento, o Concello pretende sumarse de forma activa á celebración do día grande da cidade e de Galicia, rendendo homenaxe a aquelas persoas, institucións e organizacións vencelladas á cidade, tendo en conta a súa identificación con Santiago, o seu arraigamento social, a súa relevancia ou a súa proxección.

Seguindo estes criterios de valoración, a edición desde ano de ‘Alba de Compostela’ renderá homenaxe ás seguintes persoas e colectivos.

Homenaxeados ‘Alba de Compostela’

Daniel Lorenzo Santos

O coengo e Director da Fundación Catedral de Santiago, polo seu labor para achegar á cidadanía o proxecto de rehabilitación da Catedral, socializando o proceso a través dun coidado programa de visitas que pon en valor a complexidade e importancia da conservación desta obra do patrimonio histórico e cultural universal.

Os equipos femininos do Hóckey Club Raxoi

Polos seus éxitos en ligas galegas e estatais, erixíndose en referentes no deporte de competición en xeral e no hóckey en particular; e pola súa contribución a difundir a aposta do club pola participación femenina na práctica do hóckey sobre patíns, na infancia e na mocidade.

Mª Rosa Álvarez Prada

A decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e directora técnica do Plan Socio-Comunitario de Vite, pola súa dedicación profesional e persoal á transformación do barrio de Vite, implicando persoas e entidades nun proxecto social que as erixe como protagonistas e impulsoras do espazo veciñal, modelo de intervención sociolaboral, colaborativa e educativa.

Ánxeles González Porto, ‘Angi’

A propietaria do pub Borriquita de Belém e membro da Asociación Cultural Cidade Vella, polo seu labor de dinamización da zona histórica da cidade, contribuíndo a resignificar os espazos de lecer nocturno a través da experiencia cultural, e polo seu compromiso activo coa hostalería de proximidade e cunha marcada función de retorno social para a veciñanza.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.