O día 25 de xullo celebrarase unha nova edición da Festa da Xouba de Rianxo. Será unha xornada festiva e de posta en valor dun dos grandes produtos gastronómicos rianxeiros. A festa desenvolverase no rueiro da vila e máis no Campo de Arriba. As actividades comezarán ás 12 horas con ruada a cargo do Grupo de Gaitas Fogo Fatuo e proseguirá ás 13 horas cunha gran degustación popular baixo carpa, amenizada novamente polo Grupo de Gaitas Fogo Fatuo. Organiza o Concello de Rianxo e a Confraría de Pescadores Virxe do Carme, ao abeiro da marca Xouba de Rianxo.




