Domingo “O Carme” con nubes e claros e temperaturas baixas para a época

15 Xullo 2023

Galicia irá recuperando progresivamente a influencia anticiclónica durante esta xornada. Con esta situación teremos néboas en zonas de interior, que darán paso a ceos con nubes altas, con máis nubes no noroeste de Galicia, onde mesmo pode haber algún chuvasco ocasional na primeira metade do día. As temperaturas mínimas sufrirán un moderado descenso, sendo baixas para a época do ano; máximas sen cambios ou en lixeiro ascenso. Os ventos soprarán frouxos en xeral, moderados no litoral atlántico, de dirección variable pola mañá, rolando a noroeste pola tarde e a compoñente norte pola noite.

meteogalicia

O noso mar: Vento variable á mañá, do noroeste á tarde e do norte á noite, forza 1 a 2 á mañá e 3 a 5 á tarde e á noite. Mar rizado á mañá e marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2 a 2.5 metros á mañá e 1.5 a 2 metros á tarde e á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Preamar04:073.1 m
Baixamar10:051.1 m
Preamar16:253.4 m
Baixamar22:390.9 m
Vigo
Hora*Altura
Preamar03:573.1 m
Baixamar09:551.1 m
Preamar16:143.3 m
Baixamar22:301.0 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Preamar04:033.1 m
Baixamar10:011.1 m
Preamar16:203.4 m
Baixamar22:370.9 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.