Decomisadas dúas lanchas de mariscadores de Cabo de Cruz

14 Xullo 2023

Efectivos da unidade operativa de Ribeira do Servizo de Gardacostas de Galicia levaron a cabo a incautación por acumulación de presuntas infraccións ao faenar en zonas prohibidas, destinadas só para mariscores do a pe, de dúas novas lanchas a mariscadores de á “flote” de Cabo de Cruz, co que xa son cinco as embarcacións dese tipo intervidas nas tres últimas semanas.

Estaba previsto que fosen levadas ao peirao crucense e a outro da marxe sur da ría arousá, pero finalmente foron remolcadas ata o porto de Ribeira. Ata alí tamén foron navegando detrás da “Punta Falcoeiro” unha trintena de lanchas da agrupación boirense, pero tamén se desprazaron unha cantidade similar de persoas por estrada, para solidarizarse cos afectados e darlle visibilidade o problema que están a padecer.


Segundo recolle o Diario de Arousa nun primeiro momento, ata o devandito peirao acudiron senllas patrullas das Policías Local e Nacional, con dous axentes cada unha, para garantir a seguridade na zona e que se puidesen facer efectivas ditas incautacións, pero finalmente esa cifra cuadriplicouse tanto con axentes e mandos uniformados e vestidos de paisano, entre os que estaban os seus respectivos xefes. Salvo un primeiro tímido intento de acceder á rampla onde se atopaba o camión guindastre para recoller unha das lanchas, os axentes non tiveron que intervir, pois se desenvolveu todo con tranquilidade, aínda que os mariscadores aproveitaron para pedir as dimisións da xefa territorial da Consellería do Mar, María José Cancelo, e o subdirector xeral de Gardacostas, Liño Sexto, que estivo presente no operativo, e recibiu as iras dos alí concentrados.
Javier Noal, portavoz dos mariscadores de á boia, manifestou que segue o “escarnio” da Consellería do Mar “incumplindo a Lei de Pesca”, pero mostrouse convencido de que cando ese asunto se presente ante un tribunal “substanciarase posiblemente ao noso favor porque temos a razón”, pero precisou que iso leva tempo e que para moitos deles chegará moi tarde, precisando que cos comisos de onte hai dúas familias “que quedan sen ou amparo económico, con meniños e hipotecas que agora non poderán pagar, ou que provocará grandes débedas e algún deles posiblemente perda a casa”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.