O parque de bombeiros de Ribeira permanece pechado durante a xornada de hoxe por primeira vez na súa historia. O seguimento da folga do sector convocada a nivel autonómico provoca que, por primeira nos 19 anos desde a súa apertura, os bombeiros ribeirenses non estean de garda durante este xoves.
As previsións son que este domingo se recupe a actividade habitual. Durante a folga as emerxencias en Ribeira, A Pobra e Porto do Son queda a cargo dos bombeiros de Boiro, ademais dos equipos propios de cada municipio.

Centro de bombeiros de Ribeira



